Feijóo revela os nomes que conforman a lista do PP en Lugo

O presidente do PP galego e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, revelaba esta mañá na súa conta de Twitter os nomes das persoas que conformarán a lista do partido na provincia de Lugo.

A candidatura, tal e como xa se anunciara, estará encabezada polo actual conselleiro de Economía, o monfortino Francisco Conde. Como número dous figura Encarna Amigo e no posto número tres atópase a actual delegada territorial da Xunta na provincia, Raquel Arias. Aínda en postos de saída, no posto número catro está o até o de agora deputado no Parlamento galego José Manuel Balseiro.

Outros nomes destacados son o da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella que ocupa o posto número seis da lista e o do actual voceiro do PP no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, no sétimo lugar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com