Esta fin de semana terá lugar unha nova edición de ExpoLugo Rural. Trátase da feira adicada ao eido gandeiro, agroalimentario e a artesanía, e que se celebrará esta fin de semana na capital luguesa, coincidindo co San Froilán. A Deputación colabora cunha achega económica de 14.500 euros e a través do CENTRAD, levando un stand con pezas de artesáns da provincia. O Concello achega máis de 4.000 euros.
Haberá 40 expositores con produtos autóctonos e de alimentación, e participarán máis de 200 cabezas de gando. Haberá outras actividades complementarias como premios, mostras de artesanía ou degustacións. A organización prevé a asistencia de 10.000 persoas.
O deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez, cualificou esta cita “como un evento imprescindible para todos os profesionais que se adican a este campo, e onde ademais pode convertese nunha boa plataforma de desenrolo e de dinamización económica da provincia”. O deputado anunciou que organismo provincial promoverá un concurso de raza de frisón que se celebrará o vindeiro ano neste mesmo Pazo. Remarcou que o organismo provincial “sempre será sensible aos problemas dos nosos gandeiros, por iso apoiaremos todo tipos de iniciativas e eventos que sirvan de escaparate para poñer en valor o gando galego, a calidade da nosas materias primas, e que ademais contribuían a mellorar a calidade de vida dos nosos agricultores”.