A Feira do Libro tomará a Praza Maior a partir do martes

A 34ª Feira do Libro de Lugo tomará a Praza Maior entre o 17 e o 22 de maio, cunha trintena de actividades para todos os públicos. Todos os que se acheguen poderán visitar un total de 10 stands que conforman a oferta desta nova edición da feira, que permanecerá aberta dende as 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 horas.

Este evento conta ademais cun programa formado por unha trintena de actividades dirixidas a un público de todas as idades, como contacontos, presentacións de libros, música, obradoiros, coloquios e mesas redondas, entre outros. Ademais, durante toda a feria, haberá un concurso de relatos, unha gravación sobre recomendacións de lecturas, unha exposición de debuxos e un concurso de tapas.

Durante a presentación da feira, dedicada a Manuel María, no ano que se lle dedican as Letras Galegas, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, fixo fincapé na importancia de eventos culturais deste tipo para impulsar a cultura galega e as letras galegas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com