Felipe Nieto encabezará a candidatura do BNG en Meira

O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello de Meira. O actual voceiro do BNG na corporación, Felipe Neito, será a persoa que volva a encabezar a lista do BNG para as eleccións municipais de maio. Dende o BNG estase traballando para aportar ao concello un cambio responsable “que impulse políticas para que este concello conte cos servizos que se anuncian pero non se poñen en marcha” e argumentou “Meira precisa das políticas do BNG para activar moitos proxectos que están estancados dende fai moito tempo”.

Nieto afirmou “temos un equipo para gobernar, formado por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu que Meira precisa proxectos novos e ilusionantes para converterse nun polo de atracción para que xente nova veña a vivir no noso concello. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, cun proxecto para Meira e para Galicia e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso”, dixo Felipe Nieto. 

O candidato á alcaldía, con experiencia na vida municipal, afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello que provoque o aumento da autoestima das nosas veciñas e veciños”. Felipe Nieto sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental por todo o traballo feito nestes mandatos pasados”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com