Ferida unha persoa tras tirarse bébeda diante dun bus urbano na rúa Castro Gil

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Lugo tras tirarse bébeda diante dun bus urbano na rúa Castro Gil, á altura do número 2. O sinistro aconteceu contra as sete menos dez.

Segundo o servizo de emerxencias 112, foi o propio condutor do autobús o que deu a voz de alarma. Avisou de que unha persoa se botara diante do vehículo nese punto da estrada. O autobús facía o percorrido da Liña 1 entre o Campus universitario e A Piringalla.

Até o lugar dos feitos acudiron efectivos da Policía local, de Protección civil e Bombeiros de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com