Unha moza resultou ferida esta mañá no concello de Cervantes despois de caer por un desnivel duns catro metros. Todo apunta a que a rapaza ía camiñando pola estrada que une Doiras con Cereixedo cando sufriu o contratempo.
En concreto, os feitos tiveron lugar preto da igrexa de Freixedo. Unha persoa particular atopou por casualidade á moza ferida. Chamou ao 112 Galicia contra as 11:30 horas para solicitar axuda. Os profesionais do CAE 112 Galicia alertaron a Urxencias Médicas.
Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar ata o punto unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén se alertou ao GES de Becerreá e á Garda Civil. A moza xa foi rescatada do barranco. A esta hora o operativo continúa, á espera de que sexa trasladada a un hospital.