Unha persoa alertou ao 112 Galicia do seu propio accidente despois de caer por un terraplén co seu vehículo no concello de Outeiro de Rei.
Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, ás 2:45 horas da madrugada de hoxe, o vehículo do alertante caeu por un terraplén e bateu contra o muro dunha casa ao tratar de esquivar os animais mentres circulaba pola LU-115, á altura da parroquia de Arcos.
O condutor viuse obrigado a abandonar o turismo a través do teito solar e solicitaba asistencia sanitaria debido á intensidade do golpe, froito da brusquidade da manobra.
Decontado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil de Tráfico. Tamén avisouse aos Bombeiros de Vilalba e ao servizo de mantemento da vía.