Ferida unha persoa ao dar cinco voltas de campá co seu coche na A-6

Unha persoa resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado na A-6, ao seu paso por Becerreá. O vehículo no que viaxaba, canda a outras dúas persoas, deu ata cinco voltas de campá. En concreto, os feitos producíronse á altura do quilómetro 456, en sentido Lugo.

A persoa ferida foi trasladada a un centro sanitario. Ademais, o vehículo sinistrado quedou obstaculizando os dous carrís da autovía en sentido Lugo. Segundo acaba de explicar outra persoa que tamén chamou ao 112 Galicia, sobre a calzada quedaron numerosos restos do sinistro que están a obstaculizar a circulación. Os efectivos encargados da conservación traballan arestora na limpeza da zona.

Segundo o servizo de emerxencias 112 foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia ás 12:20 horas de hoxe. Explicou que os tres ocupantes puideran saír do vehículo polos seus propios medios. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Sarria e ao GES de Becerreá. A situación tamén foi posta en coñecemento da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com