Unha persoa resultou ferida despois de caerlle unha árbore encima en Castroverde. Os feitos producíronse na parroquia de Barredo, no lugar de Vilafrío. Unha particular alertaba do acontecido ao 112 Galicia ás 11:45 horas. Segundo o seu relato, a persoa estaba atrapada debaixo da árbore.
Decontado, unha patrulla da Garda Civil achegouse ata o punto e confirmou que a vítima xa non estaba atrapada. Por este motivo, a intervención dos efectivos dos Bombeiros de Sarria e do GES de Becerreá, aínda que foron alertados polo 112 Galicia, non foi necesaria.
Nada máis recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Médicas, que desprazou unha ambulancia ao lugar.