Ferida unha persoa tras recibir a couce dunha vaca en Friol

Unha persoa tivo que ser trasladada, na tarde de onte, tras recibir a couce dunha vaca, no concello lucense de Friol. Así o informou o 112 Galicia que tivo constancia dos feitos a través da chamada dos servizos sanitarios, a poucos minutos das oito horas. Na comunicación, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informaban de que unha persoa acababa de recibir un golpe dunha vaca e que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago para o lugar da Gándara, pertencente á parroquia de Lea. 

Con eses datos, os xestores do 112 alertaron á Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello, por se fose preciso o seu apoio no lugar. Finalmente, a persoa foi trasladada en ambulancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com