Os bombeiros interviñeron para retirar unha das portas do vehículo e colaboraron co persoal sanitario á hora de levar á persoa implicada ata a ambulancia.
Ás 9:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia e indicou que o accidente se producira no quilómetro 29 da LU-546, ao seu paso pola parroquia de San Fiz de Reimóndez. Ademais, engadía que a única persoa implicada permanecía no interior do seu vehículo.
De feito, pouco despois sería a propia condutora a que contactou co CIAE-112 Galicia e explicou que estaba liberada pero ferida nunha perna, o que lle impedía saír ao exterior.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.
Unha vez finalizado o operativo, os bombeiros procederon coa limpeza da vía para restablecer a circulación coa maior celeridade.