foron evacuados polo persoal sanitario ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
O 112 tivo constancia deste accidente, que tivo lugar na estrada que conduce de Lugo ao Corgo, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, minutos despois das 12:30 horas.
Un particular que se atopaba na zona informou ao 112 Galicia de que as dúas persoas implicadas podían saír polos seus propios medios do vehículo, que caera por un terraplén tras saírse da vía, pero apuntaba que precisaban asistencia sanitaria, polo que foron evacuados polo persoal sanitario ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Ademais, no operativo participou a Garda Civil de Tráfico, e informouse aos Bombeiros, á Policía Local e ao servizo de mantemento das estradas.