Dous adultos e un neno resultaron feridos tras sufrir un accidente co quad no que viaxaban. O accidente ocorreu no termo municipal lucense de Baralla, en Sixirei, no Camiño da Ribeira.
Ao fío das 18:45 horas da tarde pasada, un dos implicados chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que tanto ela como o seu irmán acababan de ter un accidente, estaban feridos e, ademais, pensaba que o seu irmán podía estar atrapado no interior do vehículo.
Nada mais recibir o aviso, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias, que decontado, desprazou ao punto indicado un helicóptero e unha ambulancia medicalizada. De igual xeito, alertouse aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e aos axentes da Garda Civil. Aínda que finalmente, non foi preciso o uso do material de excarceración, tanto os os Bombeiros como os membros do GES comunicaron ao persoal do CIAE que si tiveron que rescatar aos feridos do barranco, e posteriormente, trasladalos ata onde se atopaba o persoal sanitario.
Unha vez rescatados, os Bombeiros informaron ao CIAE da evacuación dos feridos polo persoal sanitario, un deles evacuado na aeronave y os outros dous trasladados en ambulancia.