Ferido o condutor dunha escavadora ao precipitarse dende un viaduto da A-6, en Baralla

Os servizos de emerxencias tratan de rescatar ao condutor dunha escavadora que se precipitou coa máquina por un viaduto da A-6, en Baralla. Os feitos ocorreron no punto quilométrico 464,300 da autovía, sentido Madrid.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o vehículo caeu por un terraplén duns 40 metros.

O 112 Galicia tiña constancia do ocorrido a través da alerta dun particular ás 10:30 horas. Indicaba no seu relato que viu como varios operarios estaban traballando e observou como a escavadora caía á altura do viaduto do río Neira.

Nese momento, o persoal do CIAE 112 Galicia poñía a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Sarria, do GES de Becerreá, do servizo de mantemento da estrada,da  Garda Civil e de 061-Urxencias Sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com