Un home que estaba a traballar nunha explotación gandeira en Guntín resultou ferido de consideración esta mañá ao ser golpeado por unha vaca.
Debido ás graves feridas sufridas polo operario, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou un helicóptero medicalizado ata a granxa, situada na parroquia de Ferroi.
Foi ao fío das 12:35 horas cando unha persoa particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención do servizo sanitario, da Garda Civil e do GES de Monterroso, que axiña se desprazaron ata a zona para apoiar a aterraxe da aeronave medicalizada.