Ferido de gravidade tras caer dun tellado en Palas de Rei

O helicóptero medicalizado do 061-Urxencias Sanitarias con base en Ourense evacuou esta mañá a un operario que resultou ferido de gravidade ao caer desde un tellado en Palas de Rei.

Os feitos sucederon en Remesedo, ao fío das 11:50 horas. O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través dos servizos sanitarios de urxencia e, nada máis recibir o aviso, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Palas de Rei, da Policía Local e da Garda Civil.

Finalmente, o traballador ferido foi trasladado na aeronave ao Hospital de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com