Un home resultou ferido grave a causa dun accidente de tráfico en Portomarín. Ocorreu ás 13:30 horas de hoxe na N-540, no lugar de Camporredondo.
O turismo no que viaxaba o ferido se saíu da vía e necesitou a axuda dos bombeiros para abandonar o vehículo. Os efectivos do parque comarcal de Chantada cortaron unha das portas do coche e sacaron, finalmente, ao home, que se queixaba de moita dor.
Varias persoas se puxeron en contacto co persoal do 112 Galicia para informar do accidente. Deseguido, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias avisaron aos profesionais de Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Chantada, aos membros do GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil.