Ferido grave un ciclista ao ser atropelado por un tractor en Sarria

Sobre as 13:15 horas deste mediodía, os xestores do 112 Galicia foron alertados dun ciclista ferido de consideración ao ser atropelado por un tractor.

Foron varios os particulares que chamaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar do accidente  na estrada de Sarria en dirección a Samos. Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE, púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Sarria e do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia confirmaron que a persoa puido ser evacuada en ambulancia, comprobaron ademais que a persoa estaba liberada e accesible.

Tamén foi solicitada a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local para aclarar as circunstancias do suceso e restablecer as condicións de seguridade na vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com