Ferido grave un ciclista despois de ser atropelado en A Fonsagrada

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a un ciclista que sufriu lesións graves despois de ser alcanzado por un vehículo na Fonsagrada.

Sucedeu pouco antes das oito desta mañá, cando o condutor dun vehículo se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un ciclista que acababa de atropelar. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil.

Tras recibir os primeiros auxilios no lugar do accidente, o ciclista foi evacuado, inicialmente, ao Punto de Atención Continuada da localidad.

Dúas persoas atropeladas en Meira

Asemade, dúas persoas foron evacuadas na tarde de onte tras ser alcanzadas por un turismo en Meira.

Foi un particular quen ás 19:50 horas de onte contactou co 112 Galicia para pedir axuda para dúas persoas que foran atropeladas por un vehículo na N-640, á altura do quilómetro 58. Alí acudiu un equipo do servizo sanitario de urxencia, ademais dos axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil de Meira.

Finalmente, as dúas persoas foron trasladadas despois de que unha delas fose localizada tendida na vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com