Un home quedou atrapado debaixo dun montacargas de tipo industrial, nunha vivenda particular situada na Rúa Eduardo Pondal, no concello de Monforte de Lemos.
O 112 Galicia respondeu a unha petición do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás dificultades para acceder ao ferido.
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Monforte co fin de liberar a un home, que caeu e quedou atrapado debaixo dun montacargas de tipo industrial.
En apenas unha hora- foi ás 11:30 cando o 112 Galicia recibiu o aviso-, a persoa estaba liberada e a disposición do equipo médico para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.
No operativo tamén participaron os axentes da Policía Local.