O condutor dunha furgoneta resultou ferido esta tarde en Pantón despois de que o vehículo no que circulaba rematase fóra da vía tras dar varias voltas de campá.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home tivo que ser liberado polos Bombeiros de Monforte, ao quedar nunha situación difícil a furgoneta sinistrada, para que puidese ser atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
O accidente ocorreu no punto quilométrico 531 da N-120, ao fío das 17:15 horas.
Nada máis ter constancia dos feitos a través do persoal sanitario, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.