Un operario resultou ferido despois de sufrir unha caída cando traballaba no tellado dunha vivenda situada no concello lugués de Pantón, concretamente no lugar de Lornís.
A alerta sobre o accidente recibiuse no 112 Galicia ás 17:30 horas desta tarde mediante a chamada dunha persoa particular que pedía asistencia sanitaria urxente para o traballador ferido. Deste xeito, desde112 o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos profesionais sanitarios, que mobilizaron ao helicóptero medicalizado, e aos axentes da Garda Civil.
Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Monforte para o rescate do traballador, xa que o ferido caera nunha zona de difícil acceso.
Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario de referencia.