Ferido un home tras un accidente laboral no Concello de Begonte. Foi un particular o que chamou ao servizo de emerxencias 112 para pedir asistencia para un traballador que tiña unha perna ferida. Segundo explicou, o home estaba a traballar nas obras da estrada en dirección ao fluvial de Begonte.
O accidente rexistrouse ás once desta mañá e o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos equipos de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil.