Un neno de cinco anos precipitouse na tarde do pasado mércores ao baleiro dende o cuarto andar da súa vivenda na rúa Duquesa de Alba de Monforte de Lemos.
O menor, segundo explican fontes policiais, salvou a vida ao caer sobre un vehículo que estaba estacionado o que amorteceu a caída, que posiblemente resultase mortal en caso de impactar sobre a beirarrúa ou a calzada. O pequeno atópase moi grave pero estable.