Un home duns 20 anos resultou ferido nunha perna ao cortarse cunha motoserra cando talaba madeira en Outeiro de Rei. O accidente laboral produciuse contra as 15:20 horas nun monte da parroquia de Robra.
Tras ter constancia da situación, o 112 Galicia alertou á Garda Civil. Os efectivos sanitarios, mentres, trasladaron ao varón nunha ambulancia a un centro sanitario.