Un peón resultou ferido este mediodía despois de ser atropelado por un turismo que circulaba pola Avenida de Arcadio Pardiñas, no termo municipal lucense de Pantón. Sobre as 12:20 horas de hoxe, Urxencias Médicas daba conta do suceso ao 112 Galicia que, decontado, pasou aviso á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
Saída de vía en Cospeito
Asemade, en Cospeito, e pasados uns minutos das 10:00 horas desta mañá, persoal sanitario informaba ao 112 Galicia dunha saída de vía, no punto quilométrico 3.500 da LU-111. Como consecuencia, unha persoa resultou ferida. Nada máis recibir o aviso de Urxencias Médicas, dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e informouse aos Bombeiros de Vilalba. Ata o punto tamén se desprazou persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía polos restos ocasionados.