Ferido un pescador que caeu por un acantilado en Xove

Un home que pescaba na zona de Portocelo, no termo municipal de Xove, resultou ferido esta tarde ao caer nunha zona acantilada e de difícil acceso.

Tras ser avisados polos axentes do 112 Galicia, ata o lugar desprazouse o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia, o Pesca II, que rescatou ao pescador e o trasladou ata o areal, onde unha ambulancia dos servizos sanitarios de urxencia o agardaba para efectuar a súa evacuación ao centro hospitalario de referencia.

Os feitos tiveron lugar ao redor as 18:45 horas e ata o punto desprazáronse tamén os membros de Salvamento Marítimo, os Bombeiros de Viveiro, o GES de Cervo e os axentes da Garda Civil. Desde o 112 tamén pasouse aviso aos voluntarios de protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com