Feridos dous menores e dous adultos en Guntín tras unha saída de vía

Un vehículo saíuse da vía cando circulaba pola N-540, ao paso pola localidade de Guntín. A causa do impacto, as catro persoas que viaxaban no interior, dous nenos e dúas mulleres, sufriron lesións de diversa consideración e foron atendidos polos profesionais de Urxencias Médicas.

Segundo relatou a persoa que contactou co 112 Galicia, o sinistro produciuse minutos antes das catro desta tarde na estrada que une Lugo con Ourense, concretamente, no lugar coñecido como O Picato. Indicou que o vehículo se saíu da vía e quedou encaixado nunhas pólas. De feito, unha das muller feridas necesitou a axuda dos membros do GES de Monterroso para abandonar o coche.

Unha vez fóra do vehículo, os ocupantes foron atendidos polo equipo médico que se desprazou ao lugar do accidente. Ademais, o persoal do 112 Galicia mandou aviso aos Bombeiros de Lugo e Chantada e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com