Feridos os dous técnicos dunha ambulancia tras impactar contra un turismo en O Carqueixo

Os dous técnicos dunha ambulancia resultaron hoxe feridos mentres realizaban o traslado dun paciente. Sobre as 12:00 horas deste mediodía, o mesmo persoal das 061-Urxencias Sanitarias informaba ao 112 Galicia dun accidente entre unha das súas ambulancias e un vehículo, na saída de O Carqueixo (ao redor do punto quilométrico 4 da LU-530), en Lugo. Indicaban que os dous técnicos sanitarios resultasen feridos e o enfermo que trasladaban, xa fose evacuado noutra ambulancia.

Nada máis ter constancia do suceso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos axentes de Tráfico, de Protección Civil e do persoal do servizo de mantemento da vía. De igual modo, informouse os Bombeiros da cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com