Tres operarios foron evacuados ao Hospital da Mariña tras sufrir o impacto dun cable nas súas pernas, cando cortaban leña nunha finca en Ribadeo.
Nada máis recibir a alerta, ao fío das 16:30 horas, na cal o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia do suceso, os xestores de emerxencias informaron aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
As forzas da orde tratan de recadar toda a información ao redor do incidente.