Unha muller e o seu fillo de dous anos resultaban feridos este mediodía ao ser atropelados por un vehículo ao fío das 13 horas no Paseo dos Estudantes de Lugo, ao cruzar a calzada fóra do paso de peóns. Así o informou hoxe a Policía Local, quen informou de que o condutor do vehículo circulaba en dirección á rúa das Artes.
Nai e fillo foron trasladados con lesións ao HULA.