O deputado de En Marea pola provincia de Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, di sentirse vítima dunha “campaña de caza” por parte do Partido Popular, despois de que esta tarde deputados galegos do PP pediran a súa dimisión por un chío no que o lucense cualificaba como “ignorante” o pobo galego trala vitoria do PP.
“Un PP inzado de corrupción, cunha Rita Barberá que aínda non demitiu, atrévese a perseguirme por un chío de tw desafortunado. Ridículo!”, recollía Fernán Vello na súa conta de Twitter, onde denunciaba ademais que senadores e deputados do PP galego “están a tratar de lincharme por un tuit que rectifiquei mentres eles non rectificaron a corrupción”.
A polémica saltaba esta mañá cando o deputado lucense de En Marea publicaba o seguinte chío: “Estraño pobo o noso: escravos que votan ao amo, ao señorito, ao cacique, ao que manda, aos de sempre. Pobo alienado e ignorante. Triste”. A mensaxe xa foi eliminada e o deputado xa pediu desculpas polo mesmo.
O deputado de En Marea aclarou que “rectificar é preciso” xa que “en quente podemos expresar ideas desacertadas”. “O pobo falou e ten todo o meu respecto, as miñas desculpas se ofendín”, concluíu.
O PP monta unha campaña de caza a este deputado fóra de todo sentido cando esta tarde Guindos non veu comparecer ao Congreso. É ridículo.
— M. Anxo Fernán Vello (@FernanVello) 27 de septiembre de 2016
Un PP inzado de corrupción, cunha Rita Barberá que aínda non demitiu, atrévese a perseguirme por un chío de tw desafortunado. Ridículo!
— M. Anxo Fernán Vello (@FernanVello) 27 de septiembre de 2016
Senadores e deputados de @ppdegalicia están a tratar de lincharme por un tuit que rectifiquei, mentras eles non rectificaron a corrupción.
— M. Anxo Fernán Vello (@FernanVello) 27 de septiembre de 2016