Fernández Rocha “As cousas poden mudar sustancialmente en calquera momento”

O líder da plataforma cidadá Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, declarou na tarde de hoxe nunha entrevista concedida a este medio, que a intención da súa formación é traballar para que “as forzas de esquerda temos que sacar adiante moitísimas propostas”.

Antonte, Lugonovo decidiu non seguir coas negociacións para a súa entrada no goberno municipal, ao non poñerse dacordo ao respecto das condicións propostas para unha rebaixa nos custes políticos do consistorio lucense.

Fernández Rocha non descartou a posibilidade de seguir negociando. ” Tivemos 5.000 votantes, de xeito que vémonos na responsabilidade de capitalizar o cambio que nos esixiu a cidadanía. Parece ser que nestes  momentos non poderá ser dende o goberno, pero sí dende a oposición. Esto implica seguir dialogando cas forzas políticas lucenses, non faremos unha política contra ninguén, senón a favor dos lucenses”.

“É evidente que nós temos que fiar moi fino para non facer unha política a prol do Partido Popular, senón unha política de cambio en base ao noso programa en puntos fundamentais como: rexeneración da política, impulso da democracia e defensa da identidade do pais “.

No tocante ao abandono dos militantes en Lugo da formación Compromiso por Galicia, entre eles o propio Fernández Rocha, concretou o que fixeron foi renunciar as súas siglas a título personal “en prol das mareas cidadás”.

Poden visualizar a entrevista ao completo na canle de televisión de Xornal de Lugo a partires de mañá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com