Festa dos Ferreiros de Riotorto

O Goberno da Deputación pon a disposición do Concello de Riotorto 20.000 euros para a Feira do Ferro. Trátase da mesma cantidade que xa achegou o ano pasado, convertendo á Deputación ese ano na institución pública que máis investiu nesta cita. A cantidade que facilita para este ano forma parte dos 224.132 euros que o Executivo aporta ao municipio de Riotorto, a través do Plan Único da Deputación. Ademais a  Deputación tamén colabora coa feira a través da TIC, que elaborará unha reportaxe e un documental coa testemuñas dos ferreiros.

A inauguración oficial da Feira asistiu a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez. O acto  comezou coa lectura do pregón, que este ano correu a cargo do xornalista lucense de TVE, Orestes Currás Ordóñez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com