FGAMT-CIG pide test para todo o persoal de ambulancias

A FGAMT pide á Consellaría de Sanidade que realice test do Covid-19, a todas/os as traballadoras/es do sector das ambulancias porque tamén “estiveron utilizando as máscaras que o Ministerio retirou por defectuosas e así evitar a expansión dos contaxios e medir o alcance da enfermidade entre o colectivo laboral”.

Para o sindicato, “a petición reviste máis urxencia logo de que a Administra- ción retirara por defectuosas as máscaras 95 Garry Galaxy, que estivo empre- gando o persoal sanitario incluído o de ambulancias”.No día de onte, lembra o responsábel da CIG-Transportes, Xesús Pastoriza, a Xunta “procedeu a retirar e a cambiar estas máscaras por outras novas, pero isto non evita o posíbel contaxio do persoal de ambulancias que estivo traballando con elas durante días crendo que estaba protexido, nin o das persoas que tiveron contacto con estes traballadores e traballadoras”.

Por iso, a CIG pide que se identifique a todo o persoal que estivo en exposición de risco, cunha falsa protección, e se proceda de inmediato á realización do test que corresponda, máxime cando dende a propia Xunta acaban de anunciar publicamente que se realizarán 100.000 test de Covid19 entre a poboación galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com