Fin de semana de duelos directos para o Emevé

Esta fin de semana os dous equipos de Superliga Iberdrola e Superliga Masculina 2 enfróntanse a rivais directos. As mozas ao equipo máis igualado con elas en números na liga e os mozos a un duelo de galegos. As pupilas de Jose Valle volven xogar no seu terreo esta fin de semana. O Municipal será o escenario para o gran encontro desta fin de semana que se disputará o sábado ás 17:00 horas.

As lucenses reciben ao conxunto recentemente ascendido ESD Selectas de Elche, que se atopa penúltimo da clasificación cos mesmos puntos que as locais e os mesmos partidos gañados e sets a favor, favorecendo ás lucenses,  este caso, os puntos a favor e puntos en contra no marcador para estar antes na clasificación que as elcheñas. Será un  partido moi igualado, onde as lucenses tentarán telo controlado desde o primeiro momento para poder liquidar o encontro con marcador favorable. Para iso necesitan volver demostrar o seu bo xogo e calidade para que os 3 puntos queden en casa.

O probable septeto titular: María Sanjurjo, Laura Villasante, Irene Yáñez, Natalia Aispurúa, Lucía Prol, Tea Andri’ c e Eliana González ( Líbero). Como reservas actuarán: Alba Pizarro, Julia Paradela, María Aguiar, Paula Lorenzo, Uxía López e Carmen Saá.

Os mozos de Diego Taboada están aínda de celebración, debido a que xa conseguiron a praza para a Copa Príncipe que se celebrará en Badaxoz o 12 e 13 de xaneiro, e que tentarán volver revalidar. Esta fin de semana viaxan a Vigo para enfrontarse o sábado ás 18:30 horas no Pavillón de Coia ao CV Vigo, que se atopa sexto na clasificación. Os vigueses son un conxunto novo, que se atopan a un bo nivel e que poden dar un susto a máis dun equipo.

O conxunto lucense viaxa con garra e sabendo que teñen que dalo todo nun duelo galego de alta categoría, para poder traerse os 3 puntos para casa e seguir na condición de Invictos. O probable septeto titular: Pablo Villar, Pedro Sánchez, Anass Anzaui, Manuel Branco, Chema Giménez, Victor Bouza e Mario Dovale ( Líbero). No banco: Adrián García, Antonio Mondejar, Jordi Ferreiro, Guillermo Avendaño e Rubén López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com