A XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia celebrará mañá as súas finais de fútbol base (F-8), no campo municipal de Becerreá, así como de fútbol feminino e fútbol afeccionado, no Estadio Anxo Carro en Lugo. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros, organizando unha nova edición da Copa coa colaboración da Federación Galega de Fútbol.
Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia.
As primeiras finais en disputarse serán as de fútbol base a partir das 11.30 horas, a final de fútbol feminino celebrarase no Anxo Carro a partir das 17:30 horas e disputarana o Peluquería Mixta Friol e a SD Antas. Rematado este encontro, a partir das 19.30 horas disputarase a final de fútbol afeccionado de 2ª e 3ª Autonómica.