Finaliza a montaxe da estrutura do edificio Impulso Verde, na Garaballa, coa instalación da cuberta gridshell

As obras de montaxe da estrutura principal do edificio Impulso Verde, que o Goberno de Lara Méndez está a levantar na Garaballa, quedarán rematadas esta semana coa instalación da cuberta gridshell, deseñada polo Campus Terra e premiada no Congreso Mundial de Enxeñaría da Madeira (WCTE 2018, Seúl -República de Corea-). 

Este proxecto enmárcase no programa europeo LIFE Lugo+Biodinámico, impulsado polo Concello de Lugo, coa colaboración da Deputación e a labor de investigacion da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Politécnica de Madrid.

 Unha vez finalizada a montaxe da estrutura, levarase a cabo o recubrimento do exterior con pizarra de Galicia, así como a división interior, tabiquería, carpitenrías interiores, e por último, a dotación de mobiliario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com