O novo Túnel de Oural (1,9 km), que se constrúe en paralelo ao actual, ao que substituirá rematouse estes días pasados ao confluír as escavacións que comezaran en cada unha das súas bocas,.O ritmo de perforación foi de 5 m diarios. A partir de agora faráse a plataforma para despois tender a vía, que se montará en placa sobre formigón e, posteriormente, o resto dos equipos: electrificación, sinalización comunicacións e protección.
O túnel albergará vía única electrificada e contará con tres saídas de emerxencia (una cada 500 m), que conectarán coa galería de evacuación, na que se converterá o túnel actual, unha vez levántense a vía e o resto dos equipos ferroviarios e acondiciónese. Unha das tres galerías de evacuación será apta para vehículos e o túnel terá pasos biviales, para acceso de vehículos de mantemento ou emerxencia.
A nova infraestrtura de Oural é unha das principais actuacións do plan de renovación integral que se impulsa na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km), á que se destina un investimento de máis de 550 millóns de euros, mobilizada na súa práctica totalidade, para reforzar a súa fiabilidade e capacidade e contribuír a unha mellora dos tempos de viaxe deste trazado, que conecta coa liña de alta velocidade en Ourense.