A Fiscalía abre dilixencias ante a posible neglixencia na morte dun ancián nunha residencia

O Ministerio Fiscal vén de abrir dilixencias ante as posibles neglixencias rexistradas en relación coa morte dun ancián nunha residencia privada da cidade de Lugo. A Fiscalía abre este caso tras a denuncia interposta pola familia do falecido, para determinar se os feitos teñen “indicios de delito”.

O ancián, que estaba interno nunha residencia de maiores privada, foi trasladado no pasado mes de agosto ao Hospital Lucus Augusti por supostos problemas respiratorios, segundo recolle o parte médico. O home de 70 anos faleceu no HULA.

A familia denuncia que o médico que o atendeu puxo de manifesto un estado de “deshidratación” do home, así como unha nutrición “límite” e, por iso, os familiares decidiron denunciar os feitos. A familia ademáis considera que o centro desatendeu ao ancián, do que aseguran, non foi trasladado ao hospital ata “o último momento”, por todo iso a familia decidiu tamén pór esta información en coñecemento da Consellería de Política Social quen o puxo en man do Servizo de Inspección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com