O Ministerio de Fomento comezou os traballos de rehabilitación do firme no tramo Meira- Lugo da estrada nacional 640. O presuposto desta actuación é de 4,7 millóns de euros. O tramo de carretera no que se executarán os traballos de rehabilitación discorre polos términos municipais de Pol, Castro de Rei e Lugo, onde inclúe a ronda norte.
As actuacións proxectadas consisten no fresado e reposición do firme existente e o extendido dunha nova capa de rodadura que incrementará, afirma o Ministerio, as condicións de seguridade vial do tramo.
Asemade, levarase a efecto o necesario recrecido dos sistemas de contención para adaptalos á nova cota da rasante. Está prevista tamén a reposición do balizamento e as marcas viales afectadas polas obras.