Fomento mellora a adherencia do pavimento na estrada N-120

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que o Ministerio de Fomento está a realizar traballos para mellorar a adherencia do pavimento na N-120. Trátase dunha actuación que se enmarca nas melloras que ten previsto realizar Fomento nesta estrada do sur da provincia de Lugo.

A subdelegada do Goberno explicou que os traballos que se están levando a cabo teñen por obxecto reforzar a seguridade nun treito no que se teñen producido varios accidentes de tráfico.

Esta actuación, que se leva a cabo no treito comprendido entre os puntos kilométricos 508 e 510 da estrada N-120 ao seu paso polo concello de A Pobra do Brollón, consiste na aplicación dun tratamento de slurrys, material que se emprega para aumentar a adherencia do pavimento.

Os traballos comezaron este mércores e obrigan a cortar a circulación dun carril a medida que se vai aplicando o tratamento e mentres se agarda a que este sexa absorbido e quede consolidado. Está previsto que estes traballos estean rematados nos primeiros días da semana que vén e posteriormente, tan pronto o tempo o permita, procederase ao pintado da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com