Fomento resposta a En Marea que a rotonda de Alfonso X está pendente do Concello

O Ministerio de Fomento vén de respostar ao deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, que o proxecto de construción da rotonda na confluencia da N-VI coa Avenida Alfonso X está pendente “da cesión dos terreos necesarios para a execución das obras” e que “non se dispón até a data de resposta oficial do concello”.

Miguel Anxo Fernán Vello dirixíase a Fomento para demandarlle axilidade na tramitación dunha infraestrutura necesaria que “é unha demanda social e política de  Lugo debido aos perigos e riscos existentes no cruce da N-VI coa Avenida Alfonso X, un dos accesos ao campus universitario e ao Pazo Provincial de Deportes”.

O Ministerio excúsase na cuestión dos terreos e insiste na súa contestación a Fernán Vello que “o proxecto relativo á glorieta atópase pendente de aprobación, que está condicionada pola resposta do concello e a da Deputación de Lugo”.

Para Fernán Vello afirma que “é preciso que ambas administracións se poñan dacordo e dialoguen en lugar de pasarse a pelota uns aos outros e asegura que se require unha actitude construtiva para solventar problemas que afectan aos cidadáns de Lugo”.

Pola súa parte, o voceiro do Concello, Miguel Fernández asegurou esta mañá que ainda que o goberno local está tramitando a resposta á solicitude de Fomento, nos orzamentos xerais do estado non aparece reflectida unha partida consignada para esta actuación, polo que considera que esta obra non se vai poder executar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com