Fomento retoma as obras de conservación dos viaductos de Silvela e Noceda na A6

O Ministerio de Fomento retoma hoxe martes, 3 de setembro, os traballos de conservación nos taboleiros dos viadutos de Silvela e Noceda da Autovía do Noroeste (A-6), na provincia de Lugo.

Os traballos iniciaranse o pasado 29 de abril, e interrompeuse súa execución durante os meses de xullo e agosto para non causar afección ao tráfico estival. Para a execución da segunda fase dos traballos habilitarase de novo, a partir de hoxe martes (unha vez finalizada a operación especial de tráfico de final do mes de agosto), o desvío provisional entre os p.k. 436 ao 438 da autovía A-6, nos que o tráfico será bidireccional, estando oportunamente sinalizado. Por motivo destas obras deberá restrinxirse o tráfico dos usuarios da A-6 na súa incorporación cara a N-VI en Doncos, Noceda (As Nogais), no pk 438, sentido A Coruña, movemento que poderá ser realizado no enlace previo e adxacente de Pedrafita do Cebreiro , no p.k.431.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com