Fonda preocupación na Mariña pola incerteza do reinicio da actividade en ALCOA

Medra a preocupación entre os partidos políticos galegos e os gobernos do Estado e da Xunta polas últimas novas procedentes de Alcoa, nas que a multinacional propietaria das instalacións na Mariña Luguesa, quere adiar o comezo da actividade.

Ante esta situación o Comité de Empresa pedía apoio as administracións de Estado e  Xunta e aseguraban que si Alcoa non cumpre co pactado levarán o asunto aos tribunais de xustiza.

Dende o BNG solicitaban a convocatoria urxente da Permanente do Parlamento e declaraban “desde o BNG solicitamos a convocatoria urxente da Deputación Permanente para que a Xunta de Galiza dea explicacións das medidas que vai adoptar para garantir o mantemento dos postos de traballo e da actividade industrial na factoría de San Cibrao”.

Mentres a Delegación do Goberno en Galicia anunciaba que “o Ministerio de Industria e Turismo, a través da secretaría de Estado de Industria, convocou para o vindeiro venres 26 de xaneiro a comisión de seguimento de Alcoa. Así llo trasladou a secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, aos representantes do comité de empresa de Alcoa, reunidos hoxe por videoconferencia.

Pola súa banda, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, esixiu á empresa que clarifique “o seu plan de actuación, que concrete o plan de negocio para a factoría e que traslade ao Goberno central e á Xunta cales son as súas solicitudes e os apoios que precisa para reactivar e dar continuidade á actividade e á planificación acordadas cos traballadores”. Lorenzana advertiu de que a empresa ten que cumprir o acordo pois “na Xunta imos estar vixiantes e apoiar todo o proceso para garantir que os compromisos se cumpran”.

Así as cousas, mañá reúnese o Comité coa Empresa e a Xunta e o venres a xuntanza será co Goberno Central.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com