Foto gañadora da edición de 2023 (Lina Iglesias Forneiro).

Fotografía das paisaxes do Miño e Os Ancares será premiada con 1.600 euros

Contando como última data o 20 de xaneiro do 2025, está aberta a convocatoria do “VIII Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera”, impulsada dende a Deputación de Lugo. A iniciativa busca poñer en valor o patrimonio etnográfico material existente nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, tal como titula o lema da edición presente. Os autores das imaxes galardoadas serán receptores dun total de 1.600 euros, distribuidos en 800, 500 e 300 euros seguindo a clasificación dos tres recoñecementos que serán realizados por parte do xurado.

A liña temática perseguida busca promover as actividades de lecer en espazos abertos, centrándose nos sendeiros cos que contan devanditos territorios lucenses e descubrir a riqueza do patrimonio natural e cultural da provincia.

Cada participante pode presentar a súa proposta, enviándoa ou entregándoa no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos, cunha imaxe como máximo, que non fose presentada en edicións anteriores. As fotografías presentadas deben estar centradas en elementos representativos do patrimonio etnográfico, como poden ser canastros, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas ou outras construcións tradicionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com