Fotografías de José Luís Vega e textos de Amor Meilán, xuntos nunha exposición única

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle ata o vindeiro día 2 de outubro a exposición A provincia de Lugo a mediados do Século XX, con fotografías de José Luís Vega e textos de Manuel Amor Meilán.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se mostran “imaxes da vida cotiá xunto con episodios bélicos -das guerras napoleónicas e carlistas-, lendas, apuntes da economía local e poderosas descricións, dos lugares e da realidade socioeconómica do momento”.

O delegado gabou a forza das imaxes e da palabra que “nos definen moito mellor do que o poden facer todas as estatísticas posibles” e invitou a todos os lucenses a visitar esta exposición “que nos obriga a mirarnos por dentro e extraer conclusións” sobre a evolución da provincia.

A mostra, que foi exposta por primeira vez hai máis de vinte anos, volve a abrirse ao público tras ser recuperadas as fotografías de Vega, do Arquivo Histórico Provincial, e os textos de Amor Meiñán da obras Geografía General del Reino de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com