Foz arranca a XVII Festa do Berberecho co pregón de Lara Méndez

O Concello de Foz arrancou hoxe a 17 edición da súa Festa do Berberecho, que xa se convertiu na primeira gran cita gastronómica do ano en Galicia.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de abrir este evento, cun pregón no que agradeceu que o alcalde contara con ela como pregoeira e “por permitirme formar parte da historia deste festexo” que sdgue a consolidarse na Comunidade conseguindo “achegar á Mariña un gran número de visitantes”.

Lara Méndez aproveitou a súa intervención para felicitar ao Concello focense pola iniciativa e repasou algunha das bondades do municipio.
“Dicía o poeta Manuel María que o Cantábrico envía os seus bicos a Foz e son bicos a moreas ao longo dos seus 25 quilómetros de costa de incrible beleza e das súas nove praias de augas limpas e cristalinas”, subliñou a rexedora quen, destacou dun modo especial a riqueza ecolóxica e a gran variedade paisaxística da zona “pero, sobre todo, o seu patrimonio maior: as veciñas e veciños de Foz”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com