Foz celebra este domingo a 58 edición da Travesía de Foz, con 315 palistas de 30 clubs de Galiza e Asturias

Este domingo celebrarase a 58 edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, a partir das 11.00 horas.

A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.

O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no
final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.
O  acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as
directivas do club foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de estar anunciando unha competición histórica, é un dos días mais tristes do club tras anuncio de Ere feito hoxe por Alcoa”, sinalou Nacho Romillo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com