O CD Lugo anunciou a chegada de Francisco José Albert García como novo preparador físico do primeiro equipo. Unha incorporación de valor para o staff técnico que encabeza Juanfran García.
Albert (Alacante, 4-11-79) chega á entidade albivermella tras diferentes etapas en clubs como Cartaxena FC, VDE Salamanca, CD Castelló, RC Celta de Vigo, Real Zaragoza, Real Valladolid, ou Real Sporting de Xixón, equipo do que formou parte durante a pasada tempada. Unha dilatada traxectoria ao máis alto nivel, compatibilizada co seu labor como docente universitario e investigador na Universidade Pontificia de Salamanca, e Doutor en Biomedicina – Fisioloxía aplicada ao control do rendemento.
Como apuntamento significativo, entre os diferentes logros conseguidos polos equipos nos que desenvolveu a súa carreira deportiva como preparador físico, atópanse dous ascensos a Primeira División con RC Celta de Vigo ( T.11-12) e con Real Valladolid ( T.17-18).